O Campamento de Verán 'Coñece o teu Concello' regresa a Sober

RibeiraSacraXa
As inscricións estarán abertas ata o 11 de xuño e as actividades terán lugar entre o 30 de xuño e o 4 de agosto
campamento-sober
2 Jun 2025

O Concello de Sober organiza este verán unha nova edición do campamento 'Coñece o teu Concello', un espazo de lecer para os máis novos que ten como obxectivo promover a socialización entre os participantes e a conciliación entre as familias do municipio.

O campamento está dirixido a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos, que descubrirán a riqueza natural e cultural do municipio a través de actividades lúdicas e educativas.

As actividades desenvolveranse nas instalación das piscinas municipais e o pavillón do CEIP Virxe do Carme en quendas semanais dende o 30 de xuño ata o 8 de agosto, agás os días festivos. Serán en horario de mañá, de 10:00 a 14:00 horas, e ofrecerase un servizo de madrugadores a partir das 9:00 horas.

Para participar será preciso inscribirse antes do 11 de xuño, de forma presencial ou telemática, a través do rexistro do Concello. Haberá un total de 40 prazas por quenda.

⚙ Configurar cookies
0.34475111961365