O cambio de horarios de Renfe dificulta os viaxes dos estudantes do Sur da provincia os venres

RibeiraSacraXa
El cambio de horarios de Renfe dificulta que los estudiantes del sur de la provincia de Lugo vuelvan a su casa los viernes.
reunion renfe ribas sil
28 Feb 2022

O venres tivo lugar en Ribas de Sil unha reunión entre o alcalde Miguel Sotuela e os senadores socialistas polas provincias de Lugo e Ourense, César Mogo e Miguel Bautista, para abordar o problema orixinado coas modificacións feitas por RENFE nos horarios de varios trens. Estas modificacións afectan a moitos usuarios, concretamente a estudantes que empregaban a combinación de dúas liñas (Coruña-Ourense e Vigo-Ponferrada, facendo transbordo en Ourense) para voltar as súas casas os venres. Como consecuencia dos cambios nos horarios esta combinación non se pode facer, co consecuente prexuízo para estes estudantes que se ven obrigados a virse o sábado ou buscar unha alternativa.

Tras esta reunión quedaron claras varias cousas. A primeira, que este non é un problema que afecte só á estación de San Clodio, afecta a un total de 19 estacións desde Ourense ata Ponferrada, entre elas a de San Clodio. É polo tanto un problema global que afecta a toda unha liña.

Nesta reunión os senadores socialistas se comprometeron co equipo de goberno local a chegar ata onde fixera falta para tentar solucionar un problema que afecta puntualmente a un día da semana (venres) e a unha combinación de trens que por media hora de tempo a día de hoxe impide facer o transbordo en Ourense para os estudantes das Universidades da Coruña e de Santiago de Compostela que se dirixen á zona sur da Provincia de Lugo, a Valdeorras e mesmo a Ponferrada.

0.10383605957031