O Bóveda Slam Poetry elixe á segunda clasificada para a gran final

RibeiraSacraXa
Trátase de MeryJaneFunk, que acadou esta fin de semana a cunca de prata no segundo encontro da tempada
encontro-boveda-slam-poetry
Bóveda Slam Poetry
27 Jan 2025

O Bóveda Slam Poetry celebrou este sábado o seu segundo enconto da tempada, unha cita na que a poeta María Barrado García, máis coñecida como MeryJaneFunk, foi elixida como segunda clasificada para a gran final tras alzarse coa Cunca de Prata.

MeryJaneFunk súmase así a José Antonio García , primeiro clasificado para a gran final, que acadou a Cunca de Ouro no primeiro encontro de Bóveda Slam Poetry, resultado que repetiu nesta segunda cita. Por súa banda, a Cunca de Bronce foi para Cristina Pérez Hermida.

Bóveda Slam Poetry chegou a Bóveda en marzo de 2023 coa intención de achegar a poesía escénica ao rural e converter Bóveda nunha das máis de trinta sedes de Poetry Slam que hai no estado.

Dende os seus inicios, pasaron por Bóveda máis de 30 poetas, participando nos distintos encontros de poesía escénica do Bóveda Slam Poetry que se organizaron até agora. A estes encontros hai que sumar a organización do II Poetry Slam Galiza, no que participaron as e os poetas gañadores das finais das tres sedes de ‘poetry slam’ galegas (Compostela, Carral e Bóveda) da tempada pasada e do que saíu gañador Peter Brea, representando a Poetry Slam Compostela.

0.17309498786926