O BNG propón reactivar o regadío do Val do Lemos coa produción de cereais

RibeiraSacraXa
El BNG propone a la Xunta reactivar el regadío del Val do Lemos con la producción de cereales. Llevarán a pleno un Plan de Recuperación.
Mónica Freire, Efrén Castro e Maite Ferreiro á entrada do último Pleno_Arquivo
24 Apr 2022

O BNG propón reactivar o regadío do Val do Lemos coa produción de cereais. A formación nacionalista levará ao vindeiro pleno provincial -o 26 de abril- unha moción na que demanda á Xunta de Galicia a elaboración dun Plan de Recuperación de zonas con aptitude cerealista na que o Val do Lemos teña un peso fundamental.

Na iniciativa, o BNG sinala que o Val do Lemos ten unhas condicións climáticas e edafolóxicas axeitadas para o cultivo de cereais, que urxe poñer en valor nun contexto como o actual, cos prezos destas materias primas disparados, tras unha tendencia á alza que se disparou coa guerra na Ucraína e que está afectando gravemente á rendabilidade das gandarías.

A deputada nacionalista e responsable de Medio Rural no goberno provincial, Mónica Freire, sinala que “a situación de dependencia e de colapso da gandaría de leite e en maior medida da porcina e avícola esixe tomar medidas estruturais. É o momento de recuperar o tempo perdido e recuperar a superficie agrogandeira e os cultivos cerealistas para garantir o abastecemento e camiñar cara a soberanía alimentaria”.

“Necesitamos unha Consellería de Medio Rural activa e responsable que transforme esta situación de ameza en oportunidade e que elabore un Plan de Recuperación de zonas con gran aptitude cerealista”, incidiu a deputada nacionalista.

A zona de regadío do Val do Lemos -nos concellos de Monforte, Sober, Ferreira de Pantón, A Pobra do Brollón e Bóveda- conta cunhas 2.000 hectáreas de superficie con aptitudes agronómicas. Porén, o deterioro da rede de acequias, sen un mantemento axeitado, e as altas taxas levaron a unha moi baixa utilización do regadío. Fronte ao abandono, o BNG propón medidas para a reactivar a zona e convertela nunha área estratéxica para a produción de materias primas para o sector gandeiro e incluso hortofrutícola.

No marco do Plan de Recuperación de zonas cerealistas, o BNG reclama á Xunta de Galicia que inicie os procesos de concentración parcelaria urxentes nas zonas propostas na zona de delimitación do Val de Lemos e finalice aqueles que se atopan inconclusos, que revise e actualice a delimitación dos perímetros urbanos da zona do Val de Lemos e acometa as obras de modernización e actualización das infraestruturas do regadío para a posta en valor da produción cerealista primaria.

Ademais, demanda á Confederación Hidrográfica que leve a termo as conclusións do proxecto piloto de “Mobilización de Terras no Val de Lemos” (Bóveda) e que solucione o problema recorrente das taxas pola auga de regadío coa Confederación Miño-Sil.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.14595198631287