O BNG insta no Parlamento galego a arranxar de modo íntegro e real a estrada LU-651

RibeiraSacraXa
O deputado Iago Suárez considera que “esta situación inaudita e indignante é unha verdadeira neglixencia por parte da Xunta de Galicia”
Estrada-LU-651-Folgoso-do-Courel
13 Jun 2024

O Bloque Nacionalista Galego instou no Parlamento arranxar de modo íntegro e real a estrada LU-651 tendo en conta os problemas de seguridade viaria que presenta actualmente.

O deputado Iago Suárez considera que “esta situación inaudita e indignante é unha verdadeira neglixencia por parte da Xunta de Galicia” e que a utilización dos fondos que se reciben para manter a vida nas montañas do Courel “debían empregarse para acometer actuación reais de arranxo integral da estrada LU-651 á maior brevidade posíbel”.

No ano 2022 esta vía derrubouse, “provocando un enorme prexuízo á poboación da zona e deixando practicamente incomunicada a veciñanza da serra do Courel” explicou Iago Suárez. Ante a proximidade de procesos electorais, a Xunta de Galicia apresurouse a acometer “arranxos non integrais en lugar de investigar as causas da caída desta estrada”, tampouco valorou as posibilidades de trazados viables, nin a variación das actividades extractivas na zona.

“O goberno do PP habilitou nos últimos días un trazado alternativo a todas luces perigoso e dificilmente transitábel para a grande maioría de vehículos”. Un trazado tan sumamente perigoso que “levou a suspender o transporte escolar por este trazado ante a falta de garantías de seguridade para o alumnado e persoal”.

O deputado nacionalista salientou que “a solución que deu a Xunta ás familias é que sexan elas mesmas as que leven o estudantado aos centros educativos ou que directamente non acudan ás aulas”.

0.16270017623901