O BNG gaña presencia en Bóveda, que segue a ser azul escuro
José Manuel Arias renova o seu cargo como alcalde popular do Concello de Bóveda, continuando cun mandato de maioría absoluta que sustenta desde 1999
O actual rexedor de Bóveda reafirma o seu cargo como alcalde despois de conseguir de novo, e despois de facelo noutras seis eleccións municipais, a maioría absoluta, neste caso con 6 concelleiros, os mesmos que obtivo nos comicios de 2019.
Das 1.278 persoas censadas no Concello de Bóveda, 1.001 votaron ás tres forzas políticas que se presentaban a estes comicios. Desas mil persoas, 591 votaron aos populares, dándolles 6 concelleiros, mentres que 180 votaron ao PSOE e 208 ao BNG.
Estes datos supuxéronlle grandes perdas ao PSOE, que pasou de 369 votos e 4 concelleiros en 2019 a 180 votos e un concelleiro no 2023. A cabeza do PSOE no municipio, Maricarmen Macía, xa se presentara como alcaldable socialista nos comicios de 2015.
Pola súa parte, o BNG, que non tiña representación no Concello de Bóveda, obtivo 2 escanos, o que o fai entrar de cheo no panorama político local superando aos socialistas. Así, o alcaldable nacionalista, Javier Castro, afrontará unha nova etpaa política na que terá que facer oposición dentro do goberno local.
CONCELLEIROS ELECTOS
- José Manuel Arias López PP
- José Luis Rivera Saco PP
- Cristina Juiz López PP
- Dionisio Blanco Rubiños PP
- Natividad Rodríguez López PP
- Francisco Javier Domínguez Lopez PP
- Javier Castro Carballada BNG
- Jorge García López BNG
- María Del Carmen Macía Rodríguez PSOE