O BNG do Saviñao pide explicacións ao Concello sobre a instalación dunha planta de biogás en Vilaesteva

RibeiraSacraXa
Reclaman coñecer “se hai algunha solicitude de permisos, prospeccións ou expedientes” e piden transparencia ao alcalde
planta-biogas
22 May 2025

O responsable local do BNG no Saviñao, Xosé Carlos Xurxo, vén de presentar ante o Rexistro Xeral do Concello do Saviñao, unha instancia, solicitando información a respecto dos datos de que dispón o concello, sobre a instalación dunha planta de biogás, no lugar de Sanxumil, na parroquia de Vilaesteva.

O portavoz nacionalista reclama saber “se hai algunha solicitude de permisos, prospeccións ou expedientes, relativos á instalación dunha planta de biogás na parroquia de Vilaesteva”. Para o BNG do Saviñao, o alcalde xoga coa seguridade e intereses da veciñanza, utilizando a ambigüidade, e non aclarando se hai algunha empresa, ou particular, interesado pola instalación deste tipo de infraestrutura enerxética, cun marcado carácter nocivo. Segundo o responsábel do BNG do Saviñao, “non entendemos como o alcalde oculta o que sabe, e non apoia aos veciños dicindo claramente, que non está dacordo neste tipo de infraestruturas, máis aínda cando en lugares como Coeses, en Lugo, ou en Palas de Rei, xa a rexeitaron definitivamente”.

⚙ Configurar cookies
0.12761616706848