O BNG denuncia o “desleixo” da Xunta nos centros de ensino do Saviñao

RibeiraSacraXa
Advirten de que tanto o CPI Dr. López Suárez como o colexio de Currelos presentan carencias motivadas fundamentalmente pola falta de docentes
recurso-colexio-aula-educacion
3 Oct 2025

O BNG vén de denunciar no Parlamento de Galicia a súa preocupación pola situación dos centros de ensino no Saviñao. Desde o partido nacionalista indican que os dous centros existentes no concello, o CPI Dr. López Suárez e o colexio de Currelos, presentan carencias en varios ámbitos pese a prestar, insisten, un servizo esencial para a veciñanza.

Así, lembran que no caso do CPI Dr. López Suárez, nin sequera se cubriu a praza dunha docente que faleceu recentemente, un feito que, segundo o responsable local, Carlos de Vilacaiz, evidencia “o desleixo e tratamento inapropiado con estes centros de quen ten as competencias exclusivas en educación no noso país”.

O BNG subliña ademais que o persoal docente está sobrecargado de traballo, o que afecta á calidade educativa, non por falta de esforzo do profesorado, senón “pola desleixo do Goberno galego nesta materia”. “Non podemos menos que exixir á Consellaría que actúe á maior celeridade posíbel e que non deixe no desleixo a estes dous centros”, insisten dende o BNG, que esixe á Xunta un traro equitativo nos centros de ensino de toda a comunidade.

⚙ Configurar cookies
0.091659069061279