O BNG denuncia as anomalías nos convenios con AGADER e a Axencia de Turismo na Pobra do Brollón

RibeiraSacraXa
El BNG denuncia anomalías en los convenios de AGADER y la Agencia de Turismo en el ayuntamiento de A Pobra de Brollón.
vista a pobra de brollon
5 Feb 2022

A través dunha pregunta parlamentaria ao goberno, o portavoz de Agricultura do BNG, Xosé Luís Rivas (Mini), exixiu responsabilidades polas “irregularidades” nos convenios con AGADER e a Axencia de Turismo no concello da Pobra de Brollón.

Ademais, o deputado reclamou a Medio Rural, unha investigación dos convenios asinados polo director da Subdirección de Relación de AGADER cos Grupos de Desenvolvemento Rural (GRD), Javier Blanco, denunciado pola avogacía da Xunta de Galiza.

O deputado explicou que o 10 de xullo do 2020 foi asinado un convenio entre o concello da Pobra de Brollón, AGADER e a Axencia de Turismo de Galicia para construír un albergue municipal de peregrinos do Camiño de inverno por “277.132,33 euros a librar en dúas anualidades”, a primeira no mesmo ano 2020 por 34.835 e a segunda no ano 2021 por valor de 242.296 euros. O concello solicita o 6 de outubro do 2020 “un anticipo de 14.709 euros”, ao amparo da cláusula 4ª do convenio asinado” pero polo momento, “non recibiu ningunha resposta”.

Estamos a falar de convenios moi necesarios para un concello de 170 quilómetros, 22 parroquias e 1.632 habitantes que precisa recuperar o impulso económico perdido nos últimos anos. Neste sentido, asegurou que este sistema de convenios resulta vital para moitos concellos galegos e lamentou que a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural manteña unha “actitude desleal e non cumpra os seus compromisos”.

A xuízo do deputado, AGADER non impulsa o rural, mais ben “o está a esganar” cun proceder que cualificou de “castigo” ao concello pola súa tendencia política, contraria ao Partido popular, e lembrou que este concello foi un dos máis afectados polos incendios cunhas axudas “ridículas” para recuperar as zonas afectadas.

Por outra parte, Mini lembrou que a propia avogacía da Xunta denunciaba por prevaricación a Javier Blanco, subdirector da Axencia de Desenvolvemento Rural por “presuntas irregularidades” que poden incorrer en “delitos de prevaricación e falsidade documental”.

No concello da Pobra de Brollón agardan respostas e dende o BNG exiximos ao goberno galego claridade “na rendición de contas” e unha investigación das irregularidades dos devanditos convenios, porque “estas irregularidades foron detectadas en diferentes convenios”, recalcou.

Tras a intervención da directora de AGADER, Inés Santé Rivera, o deputado do BNG afirmou que as irregularidades dos convenios non son as primeiras que se producen con este concello é xa empeza a ser, dixo “unha mafiosidade” o que está a acontecer co sistema de convenios. Mini reprobou que a responsable de AGADER “escorrera o vulto” a pesar da “responsabilidade financeira de AGADER” e volveu a reclamar explicacións sobre as irregularidades nos mencionados convenios que a directora de AGADER eludiu responder.

0.12690401077271