O BNG de Taboada denuncia a falta de calidade da auga

RibeiraSacraXa
Taboada sufriu de novo, por mor das choivas, unha falta de calidade e de salubridade da auga da traída a causa da súa turbidez.
grifo auga
17 Jun 2021

Taboada sufriu de novo, por mor das choivas, unha falta de calidade e de salubridade da auga da traída a causa da súa turbidez.

Dende o BNG de Taboada denuncian "a falta de iniciativa da Alcaldía para dalle unha solución definitiva á calidade da auga da traída".  Así pois denuncian que dende as últimas obras financiadas pola Xunta, que consideraban insuficientes, non se acometeron melloras na estación potabilizadora.

Como solución, dende o BNG, defenden o feito de conquerir novas captacións que melloren a calidade da auga xa dende o principio "dando a veciñanza e aos negocios a auga que merecen e pola que pagan". Ademais, reclaman á Xunta para que interveña nunha solución definitiva e que "os próximos recibos recollan descontos polas deficiencias do subministro".


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18565392494202