O BNG de Quiroga oponse á creación de proxectos eólicos na Serra do Courel

RibeiraSacraXa
O grupo municipal levará ao pleno unha moción para que a corporación decida accións para impedir a creación de parques eólicos no municipio
12 Mar 2021

O BNG de Quiroga levará ao vindeiro pleno unha moción para solicitar á corporación local unha serie de accións co fin de impedir a creación de parques eólicos no municipio.

Din que ademais dos proxectos de Barjas e Prada, que inclúen o concello de Quiroga como zona afectada, "temos constancia doutros tres que tocan de cheo o noso territorio e inclúen a instalación de eólicos, así como zona de acceso común e liñas de evacuación". Eses proxectos son os de Orballeira, Neboada e Xeada.

Para o grupo municipal nacionalista, estes parques eólicos enmárcanse no "boom eólico" en Galicia "que se está a desenvolver sen unha axeitada planificación e vixilancia públicas, baixo unha arquitectura legal obsoleta e sen garantías para a participación social relegando á cidadanía a meros afectados e privándolles dun papel proactivo fronte á xestión que a Xunta de Galicia e empresas eléctricas están a facer do territorio".

Por iso, solicitan unha serie de accións por parte da corporación local de Quiroga encamiñadas a rexeitar estes plans eólicos pola súa "grave afectación sobre a veciñanza, a calidade paisaxística e patrimonial" do municipio, parte importante do Xeoparque Montañas do Courel.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17148900032043