O BNG de Quiroga convoca un concurso de debuxo polo Día de Rosalía

RibeiraSacraXa
O prazo para participar estará aberto ata o 23 de febreiro
dia-de-rosalia-xeral
17 Feb 2025

Co gallo do ‘Día de Rosalía’ deste 23 de febreiro, o BNG de Quiroga convoca un concurso de debuxo no que convida a participar enviando ilustracións, deseños, caricaturas, etc., plasmando a imaxe dunha das máis senlleiras escritoras galegas da historia de Galicia.

A participación, con estilo libre, está aberta ata o 23 de febreiro. As obras poden realizarse en cor ou en branco e negro e deberán ser enviadas ao do correo electrónico quiroga@bng.gal.

Diferenciaranse dúas categorías, unha ata 14 anos e outra para maiores desa idade. O debuxo de cada categoría con máis “me gustas” durante os días que se expoñerán no perfil de Facebook do BNG Quiroga, entre o 24 e o 28 de febreiro, obterá como premio un vale por valor de 30 euros para gastar en compras nas librerías de Quiroga.

0.17471480369568