O BNG de Monforte solicitará no vindeiro pleno municipal a redacción dun plan enerxético

RibeiraSacraXa
O Bloque Nacionalista Galego de Monforte solicitará no vindeiro pleno municipal a redacción dun plan enerxético
enerxia
24 Nov 2022

Tal e como se ven de facer público, o BNG presentará no vindeiro pleno municipal unha moción solicitando a redacción dun plan enerxético para Monforte.

O seu voceiro, Emilio José Sánchez, afirma que “con ese plan ademais do aforro económico, o Concello de Monforte contribuiría a reducir as emisións nocivas á atmosfera rebaixando o impacto negativo sobre o medio ambiente”.

“A brutal suba dos prezos da enerxía que actualmente estamos sufrindo, está a provocar un importantísimo incremento no gasto desta partida para as arcas municipais, algo que, por forza, implica a redución doutras inversións tamén necesarias para este noso concello. No pasado mes de agosto, o Consello de Ministros do Estado Español, a proposta do Ministerio para a Transición Ecolóxica, aprobou un Real Decreto Lei cun plan de choque de aforro e xestión enerxética”, engade Sánchez.

Segundo a opinión de Emilio Sánchez, concelleiro do BNG no Concello de Monforte de Lemos, “Monforte precisa dun plan que o oriente cara a un imprescindíbel aforro enerxético, e polo tanto económico, nos edificios, alumeado e demais infraestruturas públicas. Así mesmo, ademais do aforro económico, o Concello de Monforte contribuiría a reducir as emisións nocivas á atmosfera, rebaixando o impacto negativo sobre o medio ambiente”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17439699172974