O BNG de Monforte presenta a súa candidatura, "un reflexo da nosa sociedade"
O BNG de Monforte de Lemos vén de presentar a súa candidatura para as eleccións municipais de Monforte na casa da Cultura Lois Pereiro.
Segundo eles, a candidatura que presentan é "unha lista na que todos estamos representados e é o reflexo da nosa sociedade, viva e dinámica".
Desde a agrupación política defenden que, ademais do candidato, Emilio José Sanchez Iglesias, "atopámonos persoas que traballamos no eido sanitario, no deporte ou no activismo social. Traballadores autónomos, profesores e sindicalistas. Xente moza, con novas ideas, e compañeiros con gran experiencia na xestión municipal. Mulleres e homes que cren en Monforte e nas súas posibilidades".
Así, din que o seu compromiso é "o de estar dispostos a traballar para o noso Concello coa inquedanza e o obxectivo de superar a actual política de festas e asfalto. Unha política inerte que en nada beneficia ao avance do noso municipio".
Conformación da lista
O candidato á Alcaldía, Emilio José Sánchez Iglesias, vai seguido de Manuel Luaces Fernández, de Lucía Rodríguez Rodríguez, de Candela López Piñeiro, de Rosa Ana Somoza Vila, de Iván Antonio Álvarez Merayo, de Dolores López Chaos, de Martín Díaz López, de María Magdalena Santos Rivera, de Ramón Rodríguez Vázquez, de Noemi Boán Vidueira, de Javier Fouces Fernández, de Dileiny Cruz Taveras, de Alan Damián Rodríguez Martino, de Consuelo Díaz González, de Xosé Lois Cortes Gómez, e de Estrella Dolores Formoso Lago.