O BNG de Monforte pide o acondicionamento da estrada que une as rúas Dalmiro de la Válgoma e Escultor Francisco Moure

RibeiraSacraXa
O BNG de Monforte pide o acondicionamento da estrada que une as rúas Dalmiro de la Válgoma e Escultor Francisco Moure
monforte lemos portada
monforte lemos portada
6 Ago 2022

O portavoz do Bloque Nacionalista Galego, Emilio J. Sánchez, asegura que o concello ten que proceder de maneira urxente ao acondicionamento desta intersección.

Afirmando que atopa nun estado deplorable cuxo pavimento dificulta a incorporación de vehículos á Rúa Escultor Francisco Moure.

“Se a isto lle engadimos que durante as festas de agosto aumenta moito o tránsito de vehículos nesta zona, a Rúa Dalmiro de la Válgoma convértese nun vial de dobre sentido e hai moitos aparcadoiros gratuítos, enténdese perfectamente a urxencia no arranxo desta vía”, declara Sánchez.

monforte lemos
0.15913605690002