O BNG de Monforte pide a reparación do depósito de auga de Moreda

Desde o Bloque Nacionalista Galego de Monforte piden a reparación urxente do depósito de auga de Moreda que, segundo denuncian, atópase en moi mal estado xa que “presenta fendas que provocan a perda constante de auga clorada, cun importante custo tanto económico como medioambiental”.
Os nacionalistas lembra que, no pasado pleno, presentaron un rogo solicitando a súa reparación, e explican que “entendemos que antes do pleno o goberno municipal puidera descoñecer o problema, pero unha vez advertidos da situación, deberían actuar con urxencia”.
Segundo o voceiro, Emilio J. Sánchez, a perda de auga non só afecta o servizo da traída, senón que estas fendas seguen aumentando co tempo, agravando o problema e encarecendo a súa solución.
Por iso, solicitan que, denuncian a grave situación do depósito de auga de Moreda, que segundo afirman, mentres non se acometa unha reparación integral, se realice de inmediato un parcheado provisional que frease a vertedura e evite que a situación empeore. “Desde o BNG de Monforte seguiremos esixindo solucións inmediatas para evitar que os problemas estruturais do depósito deriven en consecuencias máis graves”, explica o voceiro.