O BNG de Monforte organiza a proxección do documental ‘Reboiras: Acción e corazón’, de Alberte Mera

RibeiraSacraXa
O documental aborda a traxectoria vital e política de Moncho Reboiras, militante nacionalista asasinado pola policía franquista en 1975
cartel-documental-reborais
26 Jun 2025

O BNG de Monforte organiza a proxección do documental ‘Reboiras: Acción e corazón’, dirixido por Alberte Mera, na sala 3 do Multicines Hollywood de Monforte. A en-trada será gratuíta ata completar o aforo e a cita terá lugar vindeiro martes 1 de xullo, ás 20:00 horas.

O documental aborda a traxectoria vital e política de Moncho Reboiras, militante nacionalista asasinado pola policía franquista en 1975, que se converteu nun referente da loita pola liberdade, a xustiza social e a autodeterminación da Galiza.

Ao remate da proxección celebrarase un coloquio aberto ao público no que participarán Alberte Mera, director do filme; Marisa Canto, militante nacionalista e compañeira de loita de Moncho Reboiras; e Xosé Manuel Pavón, antigo concelleiro do BNG en Monforte e camarada de Reboiras, que foi represaliado durante a ditadura franquista pola súa militancia política, sufrindo detencións e torturas.

Durante o coloquio abordarase tanto a figura histórica de Moncho Reboiras como a súa vinculación coa comarca do Lemos, recuperando así parte da memoria colectiva do mo-vemento nacionalista e antifranquista na zona.
Con esta iniciativa, o BNG de Monforte pretende contribuír á difusión da memoria histórica e promover o coñecemento dunha figura clave do nacionalismo galego contemporá-neo.

⚙ Configurar cookies
0.16457796096802