Unha trintena de persoas participaron en Monforte nun obradoiro sobre dereitos LGTBIQA+

RibeiraSacraXa
A actividade, organizada polo BNG, serviu para abordar a posible creación dunha asociación LGTBIQA+ en Monforte e a necesidade de impulsar iniciativas municipais que garantan unha atención integral e maior visibilidade para o colectivo
acto-bng-orgullo-monforte
Participantes na actividade ‘Coñecer para defender: LGTBIQA+, dereitos e saúde mental’
11 Jul 2025

O BNG de Monforte organizou este martes 8 de xullo no Paseo do Malecón a charla-obradoiro ‘Coñecer para defender: LGTBIQA+, dereitos e saúde mental’, unha actividade gratuíta e aberta a toda a veciñanza que reuniu arredor de 30 persoas para reflexionar sobre diversidade, dereitos e autocoidado.

A sesión contou coa intervención de Diana Buceta, avogada especializada en dereitos fundamentais, e Cristina Vieco, psicóloga xeral sanitaria, que abordaron temas como a diversidade afectivo-sexual e de xénero, recursos legais, saúde emocional e a creación de espazos seguros.

Ademais da parte formativa, o encontro serviu para abrir conversas arredor da posible creación dunha asociación LGTBIQA+ en Monforte e a necesidade de promover iniciativas no ámbito municipal que garantan unha atención integral e maior visibilidade para o colectivo.

Desde o BNG agradecen a participación nesta actividade e comprométense a “traballar para facer de Monforte un espazo diverso, inclusivo e libre de violencias”.

⚙ Configurar cookies
0.16180181503296