O BNG de Monforte amósase contrario á construción dunha gran fonte no Parque dos Condes

O BNG de Monforte critica o anuncio do Concello de construír unha gran fonte de máis de 677.000 euros no Parque dos Condes, ao considerar que o proxecto é “innecesario e desproporcionado”.
Para a formación nacionalista, “trátase dun proxecto propio doutro tempo”, que non tería prioridade “social nin ambiental”, e táchano de “megalómano”, ao considerar que coa inversión realizada “poderíanse mellorar moitos servizos” que, para os nacionalistas, “si son urxentes”, e poñen de exemplo “o saneamento das parroquias, arranxar o mercado gandeiro ou crear un parque de mascotas digno”.
Para o voceiro municipal, Emilio J. Sánchez Iglesias, este cartos deberían empregarse “con sentido e responsabilidade, atendendo as demandas reais da cidadanía e non en proxectos de escaparate”.