O BNG concéntrase na estación de Monforte para reclamar a reposición dos trens nocturnos

RibeiraSacraXa
Este sábado o BNG da zona sur de Lugo organizou unha concentración na estación do BNG Monforte, en simultáneo na de Sants de Barcelona, para reclamar a reposición dos trens nocturnos que conectan Galicia con Cataluña e que se suprimiron na pandemia.
concentracion_bng_trens_nocturnos
28 Jan 2024

Este sábado o BNG da zona sur de Lugo organizou unha concentración na estación do BNG Monforte, en simultáneo na de Sants de Barcelona, para reclamar a reposición dos trens nocturnos que conectan Galicia con Cataluña e que se suprimiron na pandemia.

Trátase dun servizo que a formación política considera esencial para as comunicacións, non só do noso país senón de toda a meseta. Neste sentido, o BNG de Monforte presentará no seguinte pleno unha moción para recuperar as liñas de tren suprimidas.

A mobilización tivo lugar despois da recollida de case 300 sinaturas en favor do tren que vai da Coruña e Vigo e pasaba por Monforte para chegar a Barcelona. Entre os participantes que asinaron atopáronse o portavoz do BNG en Quiroga, Xosé Manuel Fernández; o portavoz nacionalista en Monforte, Emilio Sánchez; o candidato nº 5 na lista do BNG por Lugo ás eleccións autonómicas, Iago Suárez; o concelleiro Manuel Luaces e a responsable comarcal do BNG, Rosana Prieto.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19250583648682