O barrio chantadino de Zaquín festexa este sábado o San Antonio

RibeiraSacraXa
As celebracións comezarán pola mañá e rematarán cunha verbena a cargo de DJ Pacheco e o grupo Superstar
festas-barrio-de-zaquin
13 Jun 2025

O barrio de Zaquín, en Chantada, celebra esta fin de semana as súas festas na honra de San Antonio.

As celebracións terán lugar este sábado, 14 de xuño, a partir das 12:00 horas, cunha misa solemne na Igrexa Parroquial de Santa Mariña. Ás 13:00 horas haberá unha sesión vermú a cargo dos Gaiteiros ‘Os Barrios’.

Xa pola noite, ás 21:00 horas, haberá torriscada veciñal e unha verbena a cargo de DJ Pacheco e o grupo Superstar. No descanso das actuacións sortearanse produtos locais e bonos de regalo.

⚙ Configurar cookies
0.15223813056946