O autor monfortino Fernando Hernández González presentará na Pobra do Brollón a súa nova novela ‘Conmigo muere tu secreto’

RibeiraSacraXa
Será o vindeiro 6 de marzo na Casa da Cultura Olga Novo
conmigo-muere-tu-secreto-fernando-hernandez
27 Feb 2026

O autor monfortino Fernando Hernández González presentará na Pobra do Brollón a súa terceira obra, a novela de intriga ‘Conmigo muere tu secreto’. O acto terá lugar o venres 6 de marzo ás 20.00 horas na Casa da Cultura Olga Novo.

A nova publicación xira arredor da confesión que realiza o seu protagonista cando xa é ancián, desde unha residencia da terceira idade e no contexto dos difíciles tempos da Covid. A través dese relato saen á luz uns feitos que permaneceron ocultos durante décadas.

A acción da novela desenvólvese en dous escenarios e épocas distintas: O Barco, na década dos anos 50, cando suceden os acontecementos silenciados, e Monforte, en 1991. Con esta obra, Hernández González consolida a súa traxectoria literaria cunha historia marcada polo misterio e polos segredos do pasado.

0.13204717636108