O autobús da Axencia de Doazón de Sangue e Órganos (ADOS) visitará Carballedo o 10 de abril

O autobús da Axencia de Doazón de Sangue e Órganos (ADOS) desprazarase a Carballedo o vindeiro venres, 10 de abril, para facilitar a doazón de sangue á veciñanza.
A unidade móbil estará situada na Praza Víctor Portomeñe, ao carón do Concello, en horario de 10:00 a 12:00 horas. Poderán doar sangue todas aquelas persoas maiores de 18 anos e cun peso superior aos 50 quilos.
Desde ADOS lembran que doar sangue é un xesto sinxelo que só leva uns minutos e que pode resultar fundamental para axudar a persoas que o precisan.