O Auditorio Julio Vázquez da Pobra de Trives acollerá a estrea en exclusiva da curta ‘Sin Parangón’
O vindeiro sábado, 8 de febreiro de 2025, o Auditorio Julio Vázquez da Pobra de Trives será o escenario da estrea nacional de ‘Sin Parangón’, unha película curta e muda de Alber Ponte que foi rodada íntegramente neste concello lucense a finais deste verán.
A presentación será ás 20.00 horas e dende o Concello convidan á veciñanza a asistir a esta estrea en exclusiva deste filme, cheo de aventuras e romance.
Alber Ponte, nado en 1963 en Surrey, Inglaterra, é un cineasta e actor español especializado en curtametraxes. Aos cinco anos trasladouse a España e, durante a súa mocidade, viaxou extensamente, describindo as súas experiencias como similares ás de Jack London.
Dende 1990, dirixiu máis de 50 curtametraxes, consolidándose como un dos directores españois máis prolíficos neste formato. O seu traballo foi recoñecido con máis de sesenta premios e foi fundamental nas carreiras de actores como Luis Tosar e Luis Zahera.
Ademais do seu labor en curtametraxes, Ponte dirixiu longametraxes e documentais, e actuou en películas como Intacto e Alatriste.