O auditorio de Chantada xa ten todo preparado para recibir aos Reis Magos
Durante o día de hoxe, mércores 5 de xaneiro, os Reis Magos estarán no Auditorio Municipal de Chantada ás 18.00 horas.
Debido á situación climatolóxica do día de hoxe, o Concello de Chantada non contará con Cabalgata pero si recibirá aos máis pequenos a partir das 18.00 horas no Auditorio Municipal do Concello.
Esta cita permitirá aos nenos da vila coñecer as Maxestades de Oriente sen manter contacto directo con eles para que a actividade sexa segura e evitar así posibles contaxios. A situación sanitaria actual chama á prevención e a cautela para non poñer en risco a saúde dos veciños. Por iso, é obrigatorio o uso de máscara e respectar as distancias.
No Auditorio xa está todo listo para recibir aos Reis Magos e aos nenos mantendo así unha data chea de maxia e ilusión marcada, de novo, pola Covid.