O Auditorio de Chantada acollerá unha charla sobre turismo
O próximo 5 de xuño, Acción contra a Fame organiza unha charla no Auditorio Municipal de Chantada que será impartida por Paloma Vázquez Fernández, xefa da Área Provincial de Turismo de Lugo da Axencia de Turismo de Galicia de 17.00 a 19.00 horas.
Durante a charla, abordaranse as temáticas de tipoloxía de aloxamentos turísticos: albergues, casas de turismo rural, agroturismo...; actividades complementarias: lexislación aplicable a turismo activo, de natureza, etc.; restauración: diferenzas normativas entre bar, restaurante, salón de eventos, catering...; e axudas e subvencións.
"Cremos que pode ser unha boa oportunidade para que as persoas que están emprendendo, ou pensando en facelo, neste sector coñezan a normativa aplicable, así como un esbozo das axudas e subvencións ás que poden optar", explican desde a organización do evento.