O Ateneo Monforte comeza coas clases de baile

RibeiraSacraXa
Volven as clases de baile ao Ateneo Casino Monforte de Lemos neste novo curso 2021-2022 para todos os niveis.
clases de baile cartel
25 sep 2021

Volven as clases de baile a Monforte de Lemos neste curso 2021-2022 para todos os niveis. Desta maneira, o Ateneo Monforte ofrece clases de baile todos os luns, martes e mércores a partir do vindeiro 6 de outubro.

As modalidades que se ofertan son: bailes latinos, baile de salón, kizomba e sevillanas. Para máis información ou para inscribirse, pódese contactar no número de teléfono 610 383 195 (Fernando) ou no 645 118 740 (Darío). Este último leva as modalidades de bailes latinos e kizomba.

Unha maneira segura e amena de aprender a bailar independentemente do nivel que cada persoa teña. Así mesmo, levaranse a cabo todas as medidas sanitarias correspondentes.

cartel clases de baile ateneo
0.091826200485229