O Ateneo Casino acolle unha charla da Mesa Pola Normalización Lingüística o venres

RibeiraSacraXa
O Ateneo Casino acolle unha charla da Mesa Pola Normalización Lingüística o venres na que participarán as persoas que queiran
mesa normalizacion linguistica monforte
27 Abr 2023

A Mesa Pola Normalización Lingüística organiza unha sesión para falar sobre o traballo que realizan e para coñecer as inquedanzas da poboación arredor do idioma galego co apoio da súa delegación na Zona de Lemos e a colaboración do Ateneo Casino de Monforte, onde terá lugar a iniciativa.

O salón de actos do Ateneo Casino acollerá esta charlas ás 20.:00 horas do venres 28 de abril e participarán Marcos Maceira, presidente da Mesa, e Xosé Manuel Fernández, responsable da asociación na Zona de Lemos.

Durante a intervención, baixo o nome de "Rachando barreiras", abrirase un coloquio todas e todos os presentes que queiran poderán comentar, achegar ou propoñer difrerentes cuestións arredor da lingua.

Baixo o título "Conversas arredor do galego" estanse creando foros para a divulgación do traballo que está a facer a Mesa por todo o país como asociación, e tamén para crear un punto de encontro para o debate con todas aquelas persoas que simpatien coa defensa dos dereitos lingüísticos do galego.

Aproveitando esta sesión, farase tamén un avance dos actos para o 17 de maio, Día das Letras Galegas, en Monforte.

A mesa pola normalización lingüística Monforte
0.16993689537048