O Ateneo Casino acolle un curso para elaborar cosmética natural
O Ateneo Casino acolle, o sábado 17 de abril, un obradoiro de cosmética natural, no que os participantes aprenderán a facer os seus propios produtos de hixiene e coidado corporal, saudables e respectuosos co medio ambiente.
Estefanía Montes dirixirá esta acción formativa, de catro horas de duración, na que se aprenderá a elaborar xabón corporal de sosa e glicerina, pasta de dentes, máscaras hidratantes e purificantes, pomada herbal, serum hidratante, desodorizante, acondicionador de pelo e bálsamo labial
O curso desenvolverase o día 17 en dúas quendas, de mañá ou de tarde, comezando ás 10.00 ou ás 16.00 horas.
O prezo é de 20 euros para socios do Ateneo Casino, e de 25 para non socios. Nese prezo inclúese todo o material e un xabón corporal que os asistentes poderán levar para a casa.
As persoas interesadas en realizar este cursiño poden inscribirse xa no teléfono 648 435 033, preferiblemente vía whatsapp.