O artista Santiago Piñel Hernández “Vanty” expón a súa obra en Chantada

RibeiraSacraXa
‘Ensueños’, do pintor salmantino afincado en Pontevedra, poderá visitarse durante todo o mes de abril na Casa da Cultura de Chantada
exposicion-vanty-chantada-ensueños
Inauguración da mostra 'Ensueños' en Chantada
4 Apr 2025

A Casa da Cultura de Chantada acolle durante este mes a exposición de pintura do artista salmantino, afincado en Pontevedra, Santiago Piñel Hernández, Vanty.

Cantante profesional, coñecido durante 50 anos co nome artístico de Lenny, agora a música cede protagonismo á pintura, con obras que se moven entre o realismo e o surrealismo. “Teñen moito de emocións e respostas subxectivas, que os obxectos e acontecementos me esperten e que despois se converten en fantasías”, explica o pintor.

A mostra pode visitarse de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas e os sábados de 10:00 a 14:00 horas.

4o
⚙ Configurar cookies
0.1583411693573