O artista Javier Carrera 'Cuco' deulle unha nova vida ao "Pirulí" de Ribas de Sil
RibeiraSacraXa
O artista Javier Carrera 'Cuco' deulle unha nova vida ao "Pirulí" de Ribas de Sil despois de pintalo con diversos motivos
14 Abr 2023
O antigo depósito de San Clodio de Ribas de Sil xa está decorado co mural do coñecido como "Pirulí", deseñado e pintado polo artista Javier Carrera ‘Cuco’.
Esa infraestrutura hidráulica, hoxe sen uso, cobra nova vida grazas a unha pequena inversión do Plan de Sostibilidade Turística do consorcio turístico da Ribeira Sacra.
Como motivos máis destacados hai torques, ferramentas mineiras, vides, ramas de oliveira, a pedra cabaleira, as montañas e as personaxes de Leandro, "o terratrás"; Filomena Arias, a "Bruxa de Torbeo"; e o fotógrafo Antonio Vidal.