O artista Cuco rematou o seu mural na Praia Fluvial de San Clodio en Ribas de Sil

RibeiraSacraXa
O artista Cuco rematou o seu mural na Praia Fluvial de San Clodio en Ribas de Sil despois de retrasos por diversos motivos
Mural Ribas de Sil
3 Xul 2023

O Concello de Ribas de Sil vén de terminar o mural da Praia Fluvial de San Clodio da man do artista Javier Carrera, máis coñecido como Cuco, "tras un pequeno parón por cuestións loxísticas e pola Festa da Cereixa", explican desde o goberno local.

Esta creación recolle os lugares máis salientables do concello, como son o Meandro da Cubela, a Igrexa de Torbeo coa súa Pía Bautismal, a Ábsida e a Torre da Igrexa de San Clodio, a Estación de Tren e o Pazo de Batanero.

Ademais, neste mural tamén aparecen algunhas das especies de flora e fauna máis destacables da contorna de Ribas de Sil, tanto da montaña como da ribeira do río Sil.

0.1945948600769