O arqueólogo Francisco Alonso explicará os resultados dos traballos feitos no xacemento romano de Proendos

RibeiraSacraXa
A Biblioteca municipal de Sober acolle este sábado, 2 de febreiro, unha xornada de arqueoloxía para coñecer os resultados dos últimos traballos no xacemento romano de Proendos.
excavación_proendos_concello_sober
28 Feb 2024

A Biblioteca municipal de Sober acolle este sábado, 2 de febreiro, unha xornada de arqueoloxía para coñecer os resultados dos últimos traballos no xacemento romano de Proendos.

Nesta charla contarase co arqueólogo Francisco Alonso Toucido, que explicará a prospección arqueolóxica con xeorradar desenvolvida nesta parroquia de Sober.

A actividade, que conta coa colaboración da Xunta de Galicia, Proencia e Tempos Arqueólogos, está aberta a todas as persoas interesadas en participar.

0.19612717628479