O Apalpador visitará Folgoso do Courel este sábado

RibeiraSacraXa
Baixará desde a Devesa de Rogueira ata o Aula da Natureza de Moreda
Apalpador
26 Dec 2025

Este sábado, 27 de decembro, ás 17:00 horas, o Apalpador visitará os nenos e nenas de Folgoso do Courel. O Apalpador baixará desde a Devesa de Rogueira ata a cabana próxima ao Aula da Natureza de Moreda. Tras a súa chegada, celebrarase unha festa con merenda, pintacaras e globoflexia para que grandes e pequenos desfruten xuntos desta tradición tan especial.

O Apalpador é un mítico personaxe da tradición popular galega, nado no Courel, ligado ás festas do Nadal. Grandullón, bo, de mirada doce e longas barbas coloradas, durante o ano fabrica carbón e vive dos froitos silvestres, da caza de xabarís, recolle mel e fai aparecer coas ramas dos bosques os xoguetes que as madeiras agochan.

⚙ Configurar cookies
0.076506853103638