O Apalpador visitará aos nenos na Devesa da Rogueira o 28 de decembro
O Apalpador baixará ata a Devesa da Rogueira en Moreda do Courel o vindeiro 28 de decembro ás 17.00 horas. O Apalpador recibirá a todos os nenos e nenas que queiran achegarse a coñecelo e poidan levar o seu agasallo.
APALPADOR
Unha das tradicións do Nadal en Galicia conta coa figura do Apalpador. Nas zonas do leste de Galicia existe un carboeiro que baixa as noites do solsticio de inverno, 24 de decembro e 31 de decembro a tocar o ventre aos nenos para ver se comeron suficiente durante o ano, deixando unha chea de castañas, eventualmente algún agasallo e desenxándolles que teñan un aninovo cheo de felicidade e comida.
Na actualidade son moitos os nenos que descoñecen a existencia e as lendas que circulan arredor do mesmo. Este tipo de actividades axuda a difundir e promover a cultura galega poñendo en valor as tradicións da terra.