O Apalpador visita Monforte este mércores

RibeiraSacraXa
A partir das 11:30 horas percorrerá diferentes rúas acompañado dun músico para saudar aos nenos e nenas da cidade
apalpador-monforte
24 Dec 2025

Monforte de Lemos recibirá recibirá este mércores 24 de decembro a visita do Apalpador, que percorrerá as rúas da cidade para levar ilusión e desexar unhas Boas Festas aos máis pequenos. A súa presenza poderá verse a partir das 11.30 horas, acompañado dun músico, nun encontro pensado para achegar a tradición do Nadal galego á veciñanza.

O Apalpador é un personaxe popular vencellado ás celebracións do Nadal en Galicia. Procedente do Courel, represéntase como un carboeiro de bo carácter, con longas barbas coloradas e un abrigo cheo de remendos, que vive en contacto coa natureza e elabora xoguetes de madeira para regalar aos nenos e nenas.

Esta actividade de animación está protagonizada por Anxo Moure, que dá vida ao Apalpador, acompañado polo músico Servando Barreiro, e busca manter viva unha das tradicións máis singulares do Nadal galego nas rúas de Monforte.

0.2735869884491