O Apalpador sorteará un lote de produtos do Courel entre as persoas que saquen unha foto con él
Coa chegada do Apalpador á Oficina de Turismo Municipal, o Concello do Courel quere convidar aos veciños a que o visiten e coñezan a súa historia. Para iso, está a promover unha campaña en colaboración coa Asociación Fonte do Milagro na que todo aquel que pase pola Oficina saque unha fotografía coa figura e a envie a turismo@folgosodocourel.com entrará nun sorteo de produtos do Courel.
Esta iniciativa promove o coñecemento e a difusión da cultura galega así como, o fomento dos produtos da zona entre os que se inclúen libros, artesanía e produtos alimentarios.
Tan só se aceptará unha fotografía por persoa. As imaxes poderanse presentar ata o día 9 de xaneiro.
As visitas poderán realizarse de mércores a sábado de 10.00 a 14.00 horas e de 18.30 horas. Os domingos o horario será de 10.00 a 14.00 horas.
A realización do sorteo terá lugar o 15 de xaneiro.