O Apalpador repartiu sorte e un lote de produtos do Courel a Noelia Soto Escalante e Paula Fuentes Vergara

No mes de decembro, coa chegada do Apalpador á Oficina de Turismo Municipal, o Courel convidou aos veciños a que o visitaran e coñeceran a súa historia. Desta maneira, todo aquel que sacara unha foto coa figura e a enviara ao correo asignado entraría no sorteo dun lote de produtos do Courel.
Esta iniciativa encargouse de promover o coñecemento e a difusión da cultura galega así como, o fomento dos produtos da zona entre os que se inclúen libros, artesanía e produtos alimentarios.
Tan só se aceptaba unha fotografía por persoa e podían enviarse ata o pasado 9 de xaneiro.
A fotografía gañadora foi a enviada por Noelia Soto Escalante e Paula Fuentes Vergara que desfrutarán dos exquisitos produtos da zona.