O Apalpador recibirá aos nenas e nenas de Folgoso do Courel o vindeiro 28 de decembro

RibeiraSacraXa
Nenos e adultos poderán achegarse á súa casa, na Devesa da Rogueira
apalpador-folgoso
16 Dec 2024

O vindeiro 28 de decembro, ás 17.00 horas, o Apalpador recibirá aos nenas e nenas de Folgoso do Courel na súa casa, situada na Devesa de Rogueira, e convidará aos asistentes a unha merenda.

Segundo a tradición, o Apalpador vive na montaña e o seu oficio é carboeiro. É forte e grande, usa boina, unha chaqueta vella e remendada, fuma en pipa e aliméntase con abruños salvaxes e da carne de xabaril que caza no monte. Esa é máis ou menos a imaxe que lembra a xente maior a partir das historias que lles contaban os seus avós.

⚙ Configurar cookies
0.60359120368958