O alumnado dos centros educativos de Monforte participou nunha charla sobre bullying

A tenente de Alcalde, Gloria Prada, acudiu este xoves á charla que estivo a impartir o es xogador Zubizarreta que dende a súa propia historia, foi quen de explicarlle ós rapaces dos centros educativos de Monforte, como inflúe o bullying nun neno, que por ser diferente, no seu caso, pola altura, se chega a sentir marxinado e aislado no entorno escolar.
A iniciativa, pretende explicarlles ós mais pequenos a historia de superación do xogador que pasou de estar ó borde do suicidio a desenrolar unha actividade profesional de gran éxito, xustamente aproveitando entre outras dotes, a súa extraordinaria altura, cualidade que o facía diferente antes os seus compañeiros producindo o rexeitamento destes e o aislamento social.
Gloria Prada, que tivo ocasión de charlar con Zubizarreta, felicitou ó xogador pola labor tan importante que está a facer de divulgación cos mais pequenos e recordoulles ós rapaces presentes no salón de actos do multiusos, a importancia que ten denunciar e pedir axuda en casos como este, aseverando ademais que iso non é considerado como un signo de debilidade senón de valentía, xa que todos merecemos respecto.
A Tenente Alcalde fixo extensiva a felicitación á Asociación Cultural Aulaberta pola iniciativa, agradecendo que se puxeran en contacto co Concello, para colaborar coa mesma, xa que unha das preocupacións do Equipo de Goberno, é velar polo benestar tanto dos mais pequenos como das persoas mais maiores, por ser os sectores mais vulnerables da sociedade.