O alumnado do IES Quiroga plantou dúas árbores autóctonas e recolleu o lixo
RibeiraSacraXa
O alumnado da ESO do Instituto de Educación Secundaria de Quiroga realizou dúas actividades que forman parte do Plan Proxecta Pasaporte Solidario e da programación anual do centro, coincidindo co Día Internacional dos Bosques.
21 Mar 2024

As actividades consistiron na plantación de dúas árbores autóctonas, carballo e castiñeiro no Monte da Conchada, para o que estiveron acompañados do concelleiro de Deportes, Antonio Marcos Prieto e dos traballadores de xardinería do Concello; e na recollida de lixo na beira do río Quiroga entre Vilaverde e a súa desembocadura no río Sil.
Estas actividades dentro dos centros educativos serven para inculcarlles aos máis novos a protección da flora e fauna do munipio e, en xeral, de toda a natureza.