O alumnado do IES Lama das Quendas será o encargado de deseñar o cartel do Folión dos Carros de 2025

RibeiraSacraXa
O traballo de deseño estará coordinado por Cristina Ouro, profesora de Expresión artística do Centro e colaboradora habitual no Folión de Carros
equipo-ies-lama-das-quendas-cartel-folion-dos-carros
Equipo do IES Lama das Quendas encargado do deseño do cartel do Folión dos Carros de 2025
29 Mar 2025

O alumnado de 4º ESO do IES Lama das Quendas será o encargado de deseñar o cartel anunciador do Folión de Carros de este ano.

Esta semana, unha representación da directiva da Asociación Amigos do Folión estivo na aula de plástica do instituto, presentando a proposta aos alumnos e comentando diferentes aspectos, tanto dos carteis de anos anteriores como da propia festa.

O traballo de deseño estará coordinado por Cristina Ouro, profesora de Expresión artística do Centro e colaboradora habitual no Folión de Carros.

⚙ Configurar cookies
0.70840501785278