O alumnado do IES A Pinguela visitou o Parlamento Europeo da man do eurodeputado Francisco Millán Mon

RibeiraSacraXa
O grupo puido coñecer as instalacións lexislativas da Unión Europea e participar nunha charla onde se trataron temas como o funcionamento das institucións europeas
ies-a-pinguela-visita-parlamento-europeo
Grupo do IES A Pinguela nunha visita ao Parlamento Europeo
10 Jul 2025

Un grupo de 25 alumnos, exalumnos e profesores do IES A Pinguela visitou recentemente o Parlamento Europeo en Bruxelas, a invitación do eurodeputado Francisco Millán Mon.

Durante a visita, o grupo puido coñecer as instalacións lexislativas da Unión Europea e participar nunha charla onde se trataron temas como o funcionamento das institucións europeas, con especial atención ao proceso lexislativo e o papel do Parlamento. Tamén se abordaron as prioridades de Galicia na UE, entre as que destacan o financiamento, transporte, pesca, agricultura, comercio internacional, industria, enerxía e medio ambiente.

Ademais, o europarlamentario explicou a vida cotiá dun deputado galego en Bruxelas e Estrasburgo, e resaltou a necesidade de achegar a Unión Europea á cidadanía, sobre todo á mocidade, subliñando a importancia de incluír unha “materia europea” nos centros educativos.

Durante a estancia, o grupo tamén tivo a oportunidade de coñecer a capital de Bélxica, así como outras cidades próximas como Gante, Brujas, Amberes e Rotterdam. A actividade resultou ser unha experiencia formativa e intensa para todos os participantes.

⚙ Configurar cookies
0.20231413841248