O alumnado do IES A Pinguela recibiu unha charla sobre 'Hixiene e saúde dental'
RibeiraSacraXa
O odontólogo Diego Martínez foi o encargado de achegarse ao instituto e desenvolver a formación
27 Maio 2024
O odontólogo Diego Martínez, responsable da Clínica Dental Monfordent de Monforte de Lemos, vén de impartir unha interesante e práctica conferencia ao alumnado de 1º ESO do IES A Pinguela sobre 'Hixiene e saúde dental'.
Advertiulles dos perigos do exceso de azúcar e da suciedade bucal, de que outros produtos e substancias a favorecen, que causa o deterioro de dentes, encías e texido periodental e de como realizar unha correcta limpeza e prevención. Ao remate, repartíuselles mostras de distinto materias de limpeza bucal.
Esta foi unha das actividades do certificado de calidade 'Sello Vida Saludable' que o Ministerio de Educación ten recoñecido ao IES A Pinguela polo fomento da saúde do alumnado.