O alumnado do IES A Pinguela de Monforte tamén homenaxeou á muller no 8M

RibeiraSacraXa
No IES A Pinguela celebraron o Día da Muller cunha busca do tesouro, na que puideron contar coa colaboración de 8 galegas ilustres que lles acompañaron: A Bella Otero, Rosalía de Castro, Concepción Arenal, María Pita, Maruja Mallo, Isabel de Barreto, Egeria e dona Emilia Pardo Bazán.
Día da Muller IES A Pinguela
9 Mar 2024

No IES A Pinguela celebraron o Día da Muller cunha busca do tesouro, na que puideron contar coa colaboración de 8 galegas ilustres que lles acompañaron: A Bella Otero, Rosalía de Castro, Concepción Arenal, María Pita, Maruja Mallo, Isabel de Barreto, Egeria e dona Emilia Pardo Bazán.

Resultou gañador o equipo 3 de 4º ESO, que recibiu do Centro Comercial Urbano un premio de 50 euros por integrante para mercar en calquera comercio asociado de Monforte.

Contamos coa colaboración de alumnado e profesorado das familias profesionais de Téxtil (ciclos de Calzado e Confección), Imaxe Persoal (Peiteado, Estética e Estilismo, Informática (Sistemas Microinformáticos e DAW) e Administración (Xestión, Administración e Finanzas e Asistencia á Dirección), aos que lles agradecen a implicación e esforzo realizado para o maior lucimento da actividade.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.20090007781982