O alumnado do IES A Pinguela aprendeu sobre o universo da man do investigador Héctor Álvarez Pol

RibeiraSacraXa
Os alumnos e alumnas de bacharelato recibiron unha charla na que afondaron nas complexidades do estudo do Universo e da astrofísica contemporánea
O investigador Héctor Álvarez Pol nunha conferencia no IES A Pinguela
O investigador Héctor Álvarez Pol nunha conferencia no IES A Pinguela
12 Jan 2025

Héctor Álvarez Pol, profesor do Departamento de Física de Partículas, doutor pola Universidade de Santiago de Compostela e investigador do IGFAE (Instituto Galego de Física de Altas Enerxías), impartiu a pasada semana entre o alumnado de bacharelato do IES A Pinguela unha conferencia que titulou "Física nuclear. Do corazón da materia ó interior das estrelas"

Nela, o investigador afondou co alumnado nas complexidades do estudo do Universo e da astrofísica contemporánea e tamén do mundo subatómico.

Álvarez explicou ao alumnado as distintas estruturas do núcleo do átomo que, en cada elemento co mesmo número de protóns pode ter distinto número de neutrón e polo tanto ser inestables. Tamén falou das dificultades dos procesos de fisión e fusión nuclear e sobre as utilidades da radiación en distintos campos como a creación de imaxe fieis do corpo e o do diagnóstico de enfermidades. O alumnado aprendeu que todos os elementos de maior número atómico que o Ferro tiveron que ser creados nunha supernova que estoupou, polo que non é exaxerado dicir que, como figura na entrada do noso planetario, "somos polvo de estrelas".

0.17563199996948