O alumnado do CEIP Rosalía de Castro e os residentes de Domus Vi participaron nunha actividade conxunta polo 8M

RibeiraSacraXa
A actividade estivo a cargo de Trémola Teatro, que achegou a público a función 'Directas ao espazo'
ceip-rosalia-boveda-8m
Actividade polo 8M no CEIP Rosalía de Castro de Bóveda
7 Mar 2025

O Concello de Bóveda achegou hoxe o espectáculo 'Directas ao espazo' ao alumnado do CEIP Rosalía de Castro e ás persoas con diversidade funcional que viven na residencia Domus Vi.

Grazas á compañía Trémola Teatro, o público puido facer unha viaxe pola historia das mulleres pioneiras da carreira espacial, inspirada na incrible Sara García, primeira muller astronauta española entrenada pola ESA.

Esta actividade é unha das organizadas polo Goberno local con motivo do Día Internacional da Muller e está financiada con cargo ao Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero.

⚙ Configurar cookies
0.12212181091309