O alumnado do CEIP Rosalía de Castro de Bóveda contribúe á repoboación de troitas no Río Mao

O alumnado do CEIP Rosalía de Castro de Bóveda participaron este venres nunha xornada medioambiental na que seis axentes medioambientais da Comarca de Lemos fixéronll unha visita ao alumnado de Infantil e Primaria para explicarlles en que consiste o seu traballo diario.
A actividade comezou cunha saída ata o Río Mao ao seu paso pola localidade onde os nenos e nenas puideron participar nunha repoboación de cría de troitas e onde botáronse ao río un total de 900 exemplares.
Ademais, o alumnado puido coñecer os vehículos que empregan os axentes nas súas misións, entre eles unha barca, re recibiron unha formación sobre reciclaxe, residuos e conservación de flora e fauna para coidar a contorna.
O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, sumouse á visita e agradeceulle
á directora do Colexio, Ana de la Fuente, a organización desta actividade “tan interesante e participativa para os nenos e nenas”.