O alumnado do CEIP Rosalía de Castro de Bóveda conmemorou o Día de Rosalía con diversas actividades

O alumnado do CEIP Rosalía de Castro de Bóveda participou en diferentes actividades con motivo do Día de Rosalía de Castro para achegar a figura e a obra da autora aos máis pequenos.
Entre as propostas desenvolvidas realizáronse lecturas comprensivas sobre a súa vida e unha dinámica con Sabela, de Os Fedellos de Monforte. Ademais, o centro levou a cabo un teatro de sombras co conto de poemas ‘Parece unha rosa’.
O alumnado de Primaria elaborou un mural de flores con versos, mentres que en Infantil se crearon marcapáxinas inspirados na escritora.