O alumnado do CEIP Rosalía de Castro de Bóveda acolleu unha charla de educación tributaria

O CEIP Rosalía de Castro de Bóveda acolleu esta semana unha sesión informativa impartida pola Axencia Tributaria dentro do Programa de Educación Cívico-Tributaria (PECT). Este programa, que se desenvolve desde 2003, ten como obxectivo achegar aos máis novos o funcionamento do sistema fiscal e a súa influencia na vida diaria.
Durante a charla, os alumnos puideron coñecer como os impostos e o gasto público afectan á sociedade e ao seu futuro, fomentando así unha maior conciencia cívica e comprensión da importancia das contribucións tributarias.